A Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla convoca a IV edición do Certamen Fotográfico Premio Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Río Ulla; o seu obxecto fundacional é promover e divulgar a riqueza histórica, patrimonial, monumental, cultural e turística da denominada Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla representativa da translación do Apóstolo Santiago dende Jaffa ata Iria Flavia (actual vila de Padrón) e que forman os concellos de Boiro, Brión, Cambados, Catoira, Dodro, Illa de Arousa, Meaño, Meis, O Grove, Padrón, Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Rianxo, Riveira, Ribadumia, Rois, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Teo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, realizando para elo toda clase de actividades que profundicen no seu mellor coñecemento. Entendendo que a imaxe gráfica pode contribuir enormemente á difusión deste camiño histórico, considera que a convocatoria dun premio fotográfico é unha das fórmulas que profundizan nas tarefas de promoción que leva a cabo esta entidade fundacional, sobre todo aquelas referidas ao fomento, formación e sensibilización social sobre os elementos patrimoniais e valores culturais asociados ao Camiño de Santiago, e en particular a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla tal e como a recoñece a Lei 3/1996 de 30 de maio.
As normas deste concurso rexeranse polas seguintes,
BASES
1.- PARTICIPANTES E NÚMERO DE FOTOGRAFÍAS.
Poderán presentarse a este concurso todas aquelas persoas mayores de idade que o desexen.
As fotografías so poden ser presentadas polos seus autores.
Cada participante poderá presentar ata un máximo de unha fotografía ou una serie de tres fotografías (seriadas), que non fosen premiadas, nin recoñecidas noutros certames.
Non poderán participar ningún pariente en línea directa de primeiro grao, colateral de segundo grao e cónxuxes dos membros do padroado e no seu caso dos traballadores/as da Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla, así coma do xurado deste concurso.
2.- TEMÁTICA.
As fotografías versarán sobre calquer aspecto que reflicte o patrimonio histórico, cultural, turístico, ambiental, paisaxístico e etnográfico dalgúns dos Concellos integrantes da Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla o da ría de Arousa e o río Ulla, destacando a variedade e riqueza paisaxística, patrimonial e monumental que pon de manifesto a importancia que estas terras teñen dende os inicios da tradición xacobea.
Estos reportaxes poderán amosar o modus vivendi das súas xentes, que xira arredor do mar e da terra: o turismo, a pesca, industrias de transformación de productos do mar e pequenos asteleiros, a carón de actividades eminentemente agrícolas, gandeiras e forestais, xa nas terras do interior, así como a súa riqueza ornamental, monumental e paixasística.
Valorarase a presentación dos traballos.
3.- TÉCNICA.
As fotografías presentáranse en branco e negro ou en cor, en papel fotográfico e soporte dixital.
As obras presentaranse en papel fotográfico en medidas de 40 cm x 50 cm montadas sobre soporte ríxido de cartón pluma de iguais dimensións e de 5 mm de grosor máximo, sendo libre o tamaño da mancha fotográfica que se reproduzca dentro de esos parámetros.
Rexeitaranse as propostas que non cumplan estos requisitos.
4.- DOCUMENTACION. IDENTIFICACIÓN DA OBRA E DO AUTOR.
No dorso de cada fotografía indicarase por escrito: título da obra e seudónimo, asimesmo no soporte dixital deberá identificarse con igual título a obra.
En sobre pechado aparte, incluiranse os datos do autor (nome, apelidos, DNI, domicilio, teléfono de contacto e correo electrónico) así coma o lugar no que a fotografía foi tomada (especificarase o termo municipal, a data e o acontecemento representado, así coma aqueles outros datos ou anécdotas que identifiquen a imaxe suficientemente).
Todo elo introducirase noutro sobre que será o que deberá ser remitido con arreglo á base seguinte e que carecerá de identificación de remite exterior.
Rexeitaranse todos aqueles sobres o traballos que no seu exterior permitan identificar dalgún xeito a identidade do autor.
5.- LUGAR DE ENTREGA.
As obras serán remitidas por correo postal o análogo a:
Fundación Ruta Xacobea del Mar de Arousa e Río Ulla.
Centro socio cultural.
Concellería de Cultura
Concello de Padrón
Campo do Souto s/n
15900 Padrón
Indicando: “IV Certame Fotográfico Premio Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla”.
6.- PRAZO.
O prazo de admisión será dende o 1 de outubro de 2010 ata o 31 de outubro de 2010. Os presentados con posterioridade, quedarán automáticamente excluidos do certame.
7.- FOTOGRAFÍAS PARTICIPANTES.
Os participantes ceden as fotografías presentadas á Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla, que como titular das mesmas, terá dereito a editalas e expoñelas, xunto cos nomes dos seus autores, de xeito gratuito como entidade sen ánimo de lucro recoñecida.
8.- XURADO.
- Presidente da Fundación
- Secretario, o secretario da Fundación Ruta Xacobea que actuará con voz e sen voto.
- Vocais
- un vicepresidente da Fundación elixido de entre os seus tres vicepresidentes que actuará no seu caso en sustitución do presidente.
- dous membros do seu padroado designados de entre os seus compoñentes, un pola provincia de Pontevedra e outro pola provincia da Coruña.
- un artista ou fotógrafo de recoñecido prestixio.
O presidente poderá designar un sustituto de calqueira dos compoñentes do xurado no caso de enfermidade o ausencia.
O xurado entenderase validamente constituído cando se atopen presentes a metade máis un dos seus membros, así coma o presidente da Fundación ou persoa en quen expresamente delegue.
Asimesmo, o xurado terá facultades para resolver todas as situacións non contempladas nas presentes bases, así como as dúbidas que aparezan na súa interpretación.
9.- VOTACIÓN E FALLO.
O fallo decidirase polo xurado coa maioría dos votos presentes, e poderá ser declarado deserto. O presidente poderá exercer o seu voto de calidade en caso de empate.
O gañador do certame darase a coñecer por medio da resolución do Presidente da Fundación a proposta do xurado e comunicarase oportunamente ao gañador.
O fallo do xurado será irrecurrible.
10. PREMIO.
O autor/a da fotografía seleccionada coma gañadora polo xurado será premiado/a con 4.000€ (CUATRO MIL EUROS) e recoñecemento.
11.- PROTECCIÓN DE DATOS.
Os datos de cáracter persoal obtidos pola participación no certame, incorporaranse a un ficheiro da Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla que ten coma única finalidade a xestión do certame dentro das actividades da Fundación, de conformidade co artigo 5 da Lei Orgánica 15/1998, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter persoal e a invitación en novas edicións.
Asimesmo, os datos necesarios e suficientes poderán comunicarse aos medios de comunicación e publicaranse na web da Fundación. En todo caso, trataranse conforme á normativa de protección de datos vixente.
Os/as interesados/as poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento, dirixíndose á Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla con enderezo en Apdo. de Correos 1222 C.P. 15706 Santiago de Compostela.
12.- ACEPTACIÓN DAS BASES DO CERTAME.
A participación no certame conleva a aceptación da totalidade das súas bases e do fallo do xurado o que supón a aceptación expresa da renuncia a calquera recurso contra a decisión do xurado.
Descarga as bases en pdf (96Kb)