saúda

Quero agradecer, moi sinceramente, a colaboración e decidido apoio prestado polos distintos organismos e entidades culturais da Xunta de Galicia, especialmente da Consellería de Cultura, en unión dos vintedous concellos, membros do Patronato da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, na elaboración desta nova páxina web que no ten outro obxectivo que dar a coñecer a súa longa traxectoria, os seus proxectos e sobre todo o feito histórico que a sustenta: a Translatio do apóstolo Santiago dende Jaffa Palestina ata Iria Flavia, actual vila de Padrón.

O noso portal, quere converterse nun achegamento a unha parte de Galicia onde a riqueza monumental, arquitectónica, literaria, paisaxística, ambiental, gastronómica, histórica e cultural conflúen para ofrecernos un destino turístico global: a Ría de Arousa e as terras do Ulla.

Incorporamos nesta web unha edición renovada da nosa guía turística mancomunada AROUSA, que fai incorporación de material visual, texto e actualizacións diversas en cada un dos concellos, cunha elaborada e coidada aposta gráfica, que leva a trasladar con novas imaxes a riqueza excelsa, o seus valores paixasísticos, ambientáis, patrimoniais que singularizan aos pobos, vilas e aldeas do mar de Arousa e Ulla.

Este é pois, un pedazo da nosa Galicia e da nosa historia, exposta dun modo virtual. Adéntrense nela e coñezan da man do fito xacobeo por excelencia, as curiosidades, as tradicións, as costumes dos nosos pobos, envoltas nun halo de misteriosa beleza que fan da Ría de Arousa e o río Ulla un enclave, sen dúbida, inigualable e irrepetible.

No nome da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla quero expresar unha vez o noso agradecemento a quenes fixeron posible este proxecto interactivo, e aproveitar este intre para facer unha invitación a todos aqueles que queiran e dexesen participar nas iniciativas da nosa entidade.

Unha aperta todos.

Javier Sánchez-Agustino Mariño
Presidente de la Fundación “Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla”.
Traslación Apostólica