O pasado 23 de xullo de 2010 celebrouse o XXVI remonte de peregrinación da Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla.
Nesta ocasión e xa coma sucedeu no ano 2004, tivemos a honra de compartir o remonte coa Ruta Quetzal do BBVA con Miguel de la Quadra Salcedo ao fronte e más de 150 nenos de tódalas nacionalidades.Asimesmo, asistiron aos actos no concello de Rianxo diversos alcaldes patróns da Fundación así como a presidenta do Parlamento de Galicia Dona Pilar Rojo, a Consellería do mar Dona Rosa Quintana e o conselleiro da presidencia D.Alfonso Rueda.
Durante a travesía lembrouse a figura do Fundador da Ruta José Luis Sánchez-Agustino López co descubremento dun monolito na Illa de Cortegada.
O remonte cubríu o traxecto Rianxo-Padrón-Rianxo e nesta ocasión contou co patrocinio de dos entidades privadas radicadas en dous concellos membros do padroado da Fundación. Por unha banda a bodega de Meis MAR DE FRADES que produce denominación de orixe Rias Baixas e que obsequiou aos peregrinos cunha degustación a bordo do seu afamado viño e que obtivo unha moi boa aceptación xeral.
Por outra banda, a empresa GRANITOS SANTA EULALIA ubicada no Concello de Meaño que donou o monolito de pedra conmemorativo da figura do fundador da ruta José Luis Sánchez-Agustino López instalado na Illa Cortegada.
Gracias a ámbalas dúas entidades polo seu apoio.