traxectoria

A súa traxectoria

A Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla, conmemora a translación dos restos do Apóstolo Santiago dende Jaffa (Palestina) ata Iria Flavia en el Siglo I, sendo fundada a instancia de José Luis Sánchez-Agustino López despois da súa presentación na Asamblea provincial de Turismo de A Toxa no ano 1963 como ruta turística e de promoción económica. Naquel intre, personalidades de prestixio e autoridades da vida civil así como o Arzobispado de Santiago co seu Cardenal ao frente, Ministerio de Información y Turismo y Alcaldes das cidades que atraviesa, fixeron deste camiño o seu camiño, implicando para elo aos máis diversos sectores sociais buscando o seu mellor fomento e aproveitamento.  

De aquel xermen naceu  a actualmente denominada “Fundación  Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla” declarada de interése cultural e galego Ordes da Xunta de Galicia de 24 de marzo de 1999 e 14 de abril de 1999, sendo tamén recoñecida como entidade de promoción do camiño.
Na actualidade, integran o seu padroado 22 concellos: Boiro, Brión, Cambados, Catoira, Dodro, Illa de Arousa, Meaño, Meis, O Grove, Padrón, Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Rianxo, Riveira, Ribadumia, Rois, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Teo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.