III Certame periodístico e literario Premio Fundación Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla 2010

A Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla convoca a III edición do Certame Periodístico e literario Premio Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, cuio fin e fomentar a creatividade literaria e periodística, recoller e divulgar as nosas tradicións xacobeas, rescatando da nosa memoria histórica os nosos antecedentes culturais, tradicionais, históricos e mesmo antropolóxicos. Preténdese colabourar nunha actividade de divulgación, promoción, formación e sensibilización social sobre os elementos patrimoniais e valores culturais asociados ao Camiño de Santiago, e en particular á Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla tal e como é recoñecida pola la Lei 3/1996 de 30 de maio da Xunta de Galicia que conmemora a translación do Apóstolo Santiago dende Jaffa ata Iria Flavia (actual vila de Padrón).

As normas deste premio rexeranse polas seguintes,

BASES

Primeira.- Participantes.

Poderán participar todas as persoas que presenten un artigo escrito en lingua galega ou castelán, publicado en formato impreso ou dixital no período comprendido entre o 01 de xaneiro de 2010 e o 31 de outubro de 2010 en libros, periódicos ou revistas locais, autonómicas, estatais ou de calquera parte do mundo.

Non poderá participar ningún pariente en línea directa de primeiro grao, colateral de segundo grao e cónxuxes dos membros do padroado e no seu caso traballadores/as da Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla, así coma do xurado deste concurso.

Segunda.- Temática.

A temática terá que ver co feito xacobeo, tratado e divulgado en calqueira das súas vertientes xa sexa histórica, cultural, patrimonial, monumental, arqueolóxica, tradicional, turística, gastronómica e espiritual ou religiosa. A Fundación reservase o dereito a excluir aqueles artigos que, pola súa forma ou contido, sexan ao seu xuízo incompatibles cos criterios expostos.

Terceira.- Premios.

O premio ten carácter anual e non poderá dividirse pero sí declararse deserto. Está dotado con:
– 4.000 euros en metálico (CUATRO MIL EUROS).

Coa súa participación os concursantes ceden á Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla os dereitos de publicación dos traballos presentados de forma impresa ou dixital para a súa distribución gratuita como entidade sen ánimo de lucro recoñecida.

A Fundación non fará públicos os nomes dos concursantes.

Cuarta.- Prazo de presentación. Forma e documentación.

Lugar: Presentaranse por envío postal, á Fundación Ruta xacobea do mar de Arousa e Ulla no Apdo de Correos 1222 Código Postal 15706 Santiago de Compostela, indicando III edición do Certame Periodístico e literario Premio Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

Prazo: Dende o 01 de outubro ata o 31 de outubro de 2010.

Forma: Os traballos- un por autor, orixinal do diario, libro ou revista do artigo publicado- irán acompañados do nome ou seudónimo habitual e domicilio do autor, teléfono de contacto, mencionando o lugar, data e título da publicación e tres copias do soporte orixinal no que foran publicados, así como dun breve curriculum persoal. De telo sido nun formato dixital na rede, adxuntarase archivo web e captura da páxina web.

A falta de presentación da anterior documentación será motivo para a súa non admisión.

Quinta.- Xurado.

Os traballos que se presenten ao certame serán examinados e avaliados por un xurado composto por:

  • Presidente da Fundación ou persoa en quen delegue.
  • Secretario, o secretario da Fundación Ruta Xacobea que actuará con voz e sen voto.
  • Vocais
  • un vicepresidente da Fundación designado de entre os seus tres vicepresidentes que actuará no seu caso en sustitución do presidente.
  • dous membros do seu padroado designados de entre os seus compoñentes, un pola provincia de Pontevedra e outro pola provincia da Coruña.
  • un escritor, historiador ou periodista de recoñecido prestixio.

O presidente poderá designar un sustituto de calqueira dos compoñentes do xurado no caso de enfermidade o ausencia.

O xurado entenderase validamente constituído cando se atopen presentes a metade máis un dos seus membros, así coma o presidente da Fundación ou persoa en quen expresamente delegue.

Asimesmo, o xurado terá facultades para resolver todas as situacións non contempladas nas presentes bases, así como as dúbidas na súa interpretación.

Sexta.- Criterios de valoración.

O premio concederase atendendo á calidade literaria ou periodística dos artigos, e ao interés xeral como reflexo da realidade xacobea máis viva en tódolos os seus aspectos. Prestarase especial atención a novidade e orixinalidade no tratamento do tema, e a súa vinculación á Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla como recoñecido Camiño de Santiago. A Fundación reservase o dereito a excluir aqueles artigos que, pola súa forma e contido, sexan ao seu xuizo incompatibles cos criterios expostos, co respeto esixible ás persoas e institucións, ou coa debida neutralidade respecto das distintas opcións ideolóxicas, políticas ou relixiosas que deben presidir a actuación da Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla.

Séptima.- Votación e fallo.

O fallo decidirase polo xurado coa maioría dos votos presentes, e poderá ser declarado deserto. O presidente poderá exercer o seu voto de calidade en caso de empate.

O gañador do certame darase a coñecer por medio da resolución do Presidente da Fundación a proposta do xurado e comunicarase oportunamente ao gañador.

O fallo do xurado será irrecurrible.

Oitava.- Protección de datos.

Os datos de cáracter persoal obtidos pola participación no certame, incorporaranse a un ficheiro da Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla que ten coma única finalidade a xestión do premio, de conformidade co artigo 5 da Lei Orgánica 15/1998, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter persoal.

Asimesmo, os participante autorizan a que os datos necesarios e suficientes do gañador poidan comunicarse aos medios de comunicación e publicaranse na futura web da Fundación . En todo caso trataranse conforme á normativa de protección de datos vixente.

De conformidade co artígo 5 da Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal os participantes quedan informados dos seguintes dereitos:

Da existencia dun fichero ou base de tratamento de datos de carácter persoal sendo a súa finalidade exclusiva establecer as comunicacións necesarias entre a entidade e o premiado aos efectos deste premio e a invitación a novas edicións.

Do seu dereito a exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición aos datos registrados dirixíndose á Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Río Ulla con enderezo en Apdo de Correos 1222 Código Postal 15706 Santiago de Compostela.

De calquera outro dereito que lle confira a lei.

Novena.- Aceptación das bases do certame.

A participación no certame conleva a aceptación da totalidade das súas bases e do fallo do xurado o que supón a aceptación expresa da renuncia a calquera recurso contra a decisión do xurado.

PATROCINA


Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.